RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Futbolistas do Dépor repartiron ilusión branquiazul no Materno Infantil Teresa Herrera

  Manuel Pablo, Juan Domínguez, Lucas e Oriol Rise, acompañados por Martín Pita (conselleiro responsable do Área Social do Club), repartiron esta mañana simpatía, ilusión e agasallos branquiazuis (

Os futbolistas chegaron puntuais desde Abegondo ás 13.30 ao recinto hospitalario, onde foron recibidos por responsables de comunicación do centro e por persoal de seguridade e sanitario.

A primeira parada foi na planta 3 de pediatría. Os xogadores pasaron por todas e cada unha das habitacións con camisetas do equipo, que asinaron e dedicaron alí mesmo. Mesmo deixaron agasallos a un par de pacientes que neses momentos atopábanse en quirófano.
 
A continuación, a comitiva branquiazul visitou o hospital de día, onde tiveron a oportunidade de gozar xogando con algúns dos nenos da planta, emocionando a familiares e sanitarios.
 
Tras unha foto de familia na ciber aula, os 'Reis Meigos' branquiazuis concluíron cun breve paso pola UCI pediátrica, para compartir uns momentos que os nenos dificilmente poderán esquecer.