RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Gran actuación de #ANOSACANTEIRA hoxe na Rioxa, Francia, Silleda e Narón

#ANOSACANTEIRA compite esta fin de semana en Arnedo (A Rioxa), Narón, Silleda e Redon (Francia). En todos os torneos, os equipos branquiazuis brillaron a gran nivel e polo momento sumaron xa dúas medallas de ouro: o Alevín A no Torneo de Narón O Freixo e o Benxamín A no Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala.

O Infantil A abriu o lume, coa disputa desde onte venres 7 do Torneo Internacional de Fútbol Arnedo Cidade do Calzado na citada localidade rioxana.

Mañá domingo, o conxunto deportivista xoga a gran final (12:00) ante o FC Barcelona, após apear ao Real Madrid en semifinais (2-1).

O Infantil B representa ao Dépor na Rothon Cup 2018 que se xoga na localidade de Redon, na Bretaña francesa. O equipo branquiazul quedou encadrado na Primeira Fase no grupo 1, co FC Nantes, EA Guingamp, FC Lorient, Stade Lavallois, AS Nancy, Stade de Reims e Montpellier HSC.

Pola súa banda, o Alevín A foi brillante campión na 5º edición do Torneo Narón O Freixo. Os pupilos de Roberto Veres arrincaron a competición con derrota, pero despois endereitaron o rumbo e asinaron unha gran xornada.

Ademais, dous equipos de #ANOSACANTEIRA compiten na 7ª edición do Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, que ten como escenario o campo municipal do Outeiriño en Silleda. O Alevín B xoga mañá domingo 9 e o Benxamín A foi campión hoxe sábado. Neste equipo, Ioan foi nomeado mellor xogador do torneo.

O calendario de amigables, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Categoría feminina
Xogado o pasado mércores: DEPORTIVO ABANCA B 5 (María Calvo -4- e Sara Piñeiro) - MILAGROSA 1

Categoría cadete
Xogado o pasado luns: CADETE B 2 (Matos e Trigo) - BERGANTIÑOS B 2

Categoría infantil

XXIV Torneo Arnedo Cidade do Calzado en Arnedo (A Rioxa)

Primeira Fase (no campo de herba artificial de Carreiro)
Venres 7 de setembro
INFANTIL A 0 - REAL SOCIEDAD 0. Por penaltis: 3-2
INFANTIL A 0 - LEVANTE 0. Por penaltis: 3-2
ESPANYOL 0 - INFANTIL A 1 (Gabri)

Sábado 8 de setembro
Cuartos de final
INFANTIL A 1 (Gabri) - TERRASA 0
Semifinais
INFANTIL A 2 (Martín e Mella) - REAL MADRID 1

Domingo 9 de setembro
Final
12:00: INFANTIL A - FC BARCELONA

Rothon Cup 2018 en Redon (Francia)

Primeira Fase
Sábado 8 de setembro
INFANTIL B 1 (Dani) - MONTPELLIER HSC 1
STADE DE REIMS 0 - INFANTIL B 3 (Dani, Zoe e Óscar)
FC LORIENT 0 - INFANTIL B 0
AS NANCY 0 - INFANTIL B 1 (Óscar)
INFANTIL B 1 (Guerreiro) - STADE LAVALLOIS 2

Domingo 9 de setembro
09:00: INFANTIL B - EA GUINGAMP (campo 1)
10:40: FC NANTES - INFANTIL B (campo 1)

Os 2 primeiros clasificados pasan a semifinais, que se xogan a partir das 12:40. O resto de equipos, segundo clasificación, disputarán unha Fase de Consolación para dilucidar a súa posición final.

Categoría alevín

V Torneo Narón O Freixo no Estadio de Río Seco (Narón)

Sábado 8 de setembro
Primeira Fase (campo 1)
ALEVÍN A 0 - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 1
ALEVÍN A 2 (Cristian e Jorge) - UD OURENSE 0
ALEVÍN A 2 (Jairo e Murilo) - NARÓN FREIXO A 0
ALEVÍN A 2 (Xenxo e Cristian) - RÁPIDO DE BOUZAS 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 0 - AROSA 0. Por penaltis: 3-2
Semifinais
ALEVÍN A 1 (Álex) - CELTA 0
Final
ALEVÍN A 4 (Murillo -2-, Rubén e Jorge) - XUVENTUDE OROSO 0

VII Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, no campo de Outeiriño (Silleda)

Domingo 9 de setembro
Primeira Fase (campo 1)
11:00: ALEVÍN B - ESCOLA ESTRADA FB
12:20: ALEVÍN B - ATLÉTICO FÁTIMA
13:40: ATLÉTICO CUNTIS - ALEVÍN B

Os dous primeiros clasificados pelexarán polo título, nunha Fase Final por eliminatorias que, desde cuartos de final, comeza ás 16:40. Pola súa banda, o terceiro e cuarto de grupo xogan unha Fase de Consolación, que arrinca ás 16:00 horas.

Categoría benxamín

VII Torneo EF Silleda, Memorial Ramón Barcala, no campo de Outeiriño (Silleda)

Sábado 8 de setembro
Primeira Fase
BENXAMÍN A 3 (Íker, Nico e Caaveiro) - UD OURENSE 0
EFM BOIRO 0 - BENXAMÍN A 6 (Íker -2-, Joaquín -2-, Paulo e Pablo)
BENXAMÍN A 6 (Joaquín -2-, Íker, Pablo, Gael e Paulo) - SD TOURO 0
Cuartos de final
BENXAMÍN A 7 (Ioan -2-, Gael, Nico, Íker, Joaquín e Paulo) - CALDAS 0
Semifinais
BENXAMÍN A 6 (Paulo -3-, Joaquín, Yago e Pablo) - OURENSE 0
Final
BENXAMÍN A 4 (Uxío, Nico, Paulo, Iago Vázquez) - BERTAMIRÁNS 0