RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Inapelable triunfo do Fabril, moi superior ao CSD Arzúa

O Fabril regresou á liga en Tercera Federación despois do parón da fin de semana pasada a consecuencia dos compromisos da Selección Galega na Fase Intermedia da Copa das Rexións da UEFA cun triunfo indiscutible (4-0) en Abegondo ante o CSD Arzúa, en partido correspondente á 5ª xornada.

Nájera -2- e Martín Ochoa -2- foron os goleadores fabrilistas nunha tarde marcada pola persistente choiva.

Arrancou forte o filial con dúas claras ocasións nos minutos iniciais, unha delas un remate ao pau de Brais Val.

As ocasións na área arzuá seguiron chegando e, froito deste dominio, chegaron os dous goles de penalti na primeira metade obra de Nájera e Martín Ochoa por derrubos na área ao propio Martín Ochoa e Diego Gómez.

Tralo descanso, o partido seguiu coa mesma tónica: dominio total branquiazul. Repetiron Nájera e Martín Ochoa como goleadores ante un esvaecido CSD Arzúa, que pouco puido facer para frear á avalancha de xogo fabrilista.

Este resultado deixa ao filial deportivista con 11 puntos no grupo de cabeza da clasificación.

Fabril: Hugo Ríos, Marc, Puerto, Dani Barcia, Iano Simão, Iñaki, Brais Val, Jairo, Diego Gómez, Nájera e Martín Ochoa. Tamén xogaron: Barba, Jesús Ares, Iván, Marcel e Fito.

A próxima fin de semana, o equipo que prepara Óscar Gilsanz visita ao Rápido de Bouzas.

Os resultados do Fabril en liga son os seguintes:

UD Paiosaco 0 - Fabril 1 (Diego Gómez)
Fabril 1 (Dani Barcia) - Alondras CF 1
Fabril 2 (Jairo e Diego Gómez) - Arosa SC 1
CD Estradense 2 - Fabril 2 (Nájera -2-)
Fabril 4 (Nájera -2- e Martín Ochoa -2-) - CSD Arzúa 0