RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Inaugurada a pena deportivista Zalozain

  Esta tarde inaugurouse oficialmente a peña deportivista Zalozaín. Manuel Pablo e Fabricio foron os padriños do evento que tivo lugar na tapería-bar Zalozaín da Avenida de Arteixo, 76 baixo.

O capitán e o porteiro do Dépor foron recibidos por Vanessa María Fernández Varela, presidenta dunha pena formada por 35 membros, vinte deles, ademais, socios do Deportivo. No acto tamén estiveron presentes a secretaria da Federación de Penas, Noelia Díaz, e o Vogal Damián Rodríguez xunto ao conselleiro da área social do Club, Martín Pita.