RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Intensa semana de amigables para #ANOSACANTEIRA, que abre mañá martes o Fabril en Abegondo

Intensa semana de amigables para diferentes equipos de #ANOSACANTEIRA, con partidos repartidos entre Abegondo, A Coruña, Viveiro e Vigo.

O calendario semanal ábreo mañá martes 14 de agosto o Fabril, que recibe en Abegondo ao Rápido de Bouzas. Será o primeiro dos dous amigables desta semana para o conxunto de Tito Ramallo, que o sábado se mide ao Arosa tamén na Cidade Deportiva.

Para o partido ante os vigueses, Tito Ramallo poderá contar con varios xogadores que fixeron boa parte da pretemporada co primeiro equipo, caso de Álex Cobo, Mujaid, Uxío e Carlos López. Completan a convocatoria: Ricardo, Gaizka, Raúl González, One, Blas, Valín, Prendes, Gandoy, Lucas, Boedo, Luismi, Villares, Ortuño, May, Adrián, Pedro, Kanouté e Javi Cobo, que se estrea nunha lista trala súa recente incorporación.

Tamén teñen cita de pretemporada: Deportivo ABANCA B, Xuvenil A, Xuvenil B, Cadete A e Infantil A, este tres últimos equipos con motivo do Torneo da AFAC, que se xoga en San Pedro de Visma.

O Xuvenil A volve ter tres compromisos. En Viveiro o sábado, o equipo que prepara Javi Álvarez terá como rivais, no Memorial Marcos Gómez, ao Viveiro, Oviedo e Celta, con partidos de 45 minutos de duración.

No campo da Grela 1, o Xuvenil A, tamén o sábado, participará no Torneo Pepe Guillín, ex conselleiro do Dépor que recibirá así unha cariñosa homenaxe.

A fin de semana a pechará o Xuvenil A o domingo 19 en Vigo, nun novo amigable ante o CD Valladares, club de Rexional Preferente.

O calendario de partidos amigables confirmados a día de hoxe é o seguinte:

Segunda División B
FABRIL - RÁPIDO DE BOUZAS, mañá martes 14 de agosto ás 19:00 en Abegondo

FABRIL - AROUSA, o sábado 18 de agosto ás 19:00 en Abegondo

Categoría feminina
CCAR VALLADARES - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 19 de agosto ás 17:00 no campo da Gándara (Valadares - Vigo)

Categoría xuvenil
Memorial Marcos Gómez, en Viveiro
Sábado 18 de agosto
11:00: XUVENIL A - VIVEIRO
17:00: XUVENIL A - OVIEDO
19:00: XUVENIL A - CELTA

Torneo Pepe Guillín, organizado polo Ural CF
Sábado 18 de agosto
URAL CF - XUVENIL A, ás 19:00 na Grela 1

CD VALLADARES (Rexional Preferente) - XUVENIL A, o domingo 19 de agosto ás 19:30 no campo da Gándara (Valadares - Vigo)

Torneo da AFAC, en San Pedro de Visma (A Coruña)
Sábado 18 de agosto
Semifinal
12:15: XUVENIL B - VICTORIA ou SANTIAGO CF ou ORILLAMAR (campo 1)
Ás 19:00, o gañador xogará a final (campo 2) e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (campo 1)

Categoría cadete
Torneo da AFAC, en San Pedro de Visma (A Coruña)
Sábado 18 de agosto
Semifinal
10:30: CADETE A - URAL ou SANTIAGO DE COMPOSTELA (campo 1)
Ás 17:00, o gañador xogará a final (campo 2) e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (campo 1)

Categoría infantil
Torneo da AFAC, en San Pedro de Visma (A Coruña)
Venres 17 de agosto
Semifinal
17:00: INFANTIL A - CD CALASANZ ou IMPERATOR OAR
Ás 19:00, o gañador xogará a final (campo 2) e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (campo 1)