RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Laure: 'Hai que mellorar. Temos que esixirnos moitísimo máis'

Laure aseguró en rolda de prensa ante os medios informativos estar "convencido que nos imos a salvar. También digo que o que non esté convencido, non axuda moito, dentro do vestiario refírome".

Iso si, advirte que nota a todos os xogadores "convencidos. Pero chega a hora do partido e estannos faltando cousas. Somos conscientes que co que fixemos non imos a ningún lado. Hai que mellorar, temos que esixirnos moitísimo máis. Temos que dar ese paso á fronte e espero que sexa definitivo".

O capitán deportivista o pasado domingo en Xetafe insiste en que "sempre a afección do Dépor foi a alma do equipo. Agora non vai ser menos. Sobre todo nós temos que dar aí no campo, que se enganchen connosco e que vaiamos todos a un tempo".

Subliña Laure que "non é o momento de pedir moito (á afección). Creo que é o momento de dar. Está a ser unha tempada dura, con moitos altibaixos e esperamos dar para que se volvan a enganchar".