RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Laure: Non se se hai que xogar bonito ou feo pero hai que gañar e competir

Laure compareció esta mañana na sala de prensa do Mundo do Fútbol. O defensor branquiazul, con opcións de repetir titularidade en Pamplona, abónase ao pragmatismo para comezar a escalada: "Non sé se hai que xogar bonito ou

Cre que o ambiente esta semana é mellor porque "en liñas xerais foi bo (o partido ante Osasuna) pero necesitamos a vitoria porque temos que saír de aí por nós, pola afección e o Club".

Pide o lateral destro branquiazul, titular o pasado domingo en Riazor, seguir "na liña de agresividade e de deixar a portaría a cero".

Asegura que "o míster e todos estamos convencidos de que hai bo persoal. Pero se cadra falta equipo porque non están a chegar os resultados".

Alégrase Laure, como xogador formado no Fabril, que Seoane e Rochela entren de novo entre os convocados: "Alégrame que o míster mire para abaixo porque están a facer un bo traballo no filial e merécenllo".