RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Laure sofre unha lesión muscular e causa baixa ante o Real Madrid

  Laure foi sometido a probas médicas esta tarde para comprobar o alcance exacto das súas molestias na cadeira dereita que lle impediron traballar hoxe xoves co grupo.

Os Servizos Médicos diagnosticáronlle ao capitán deportivista unha lesión muscular de grao 2 no pectíneo dereito, co que causa baixa para o partido deste sábado 14 de maio en Riazor (17.00 horas, Canle + Liga / Abono Fútbol) ante o Real Madrid Cf.