RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lotina: Estou tranquilo pola calidade que hai neste persoal

Miguel Ángel Lotina compareció esta mañana ante os medios informativos na sala de prensa do Mundo do Fútbol. O técnico vasco se mostró confiado a pesar do duro pau sufrido do domingo: "Pola experiencia recent

Para Lotina, o Deportivo necesita "un lateral zurdo, un pivote e un dianteiro. Pero unha vez que pase o prazo de fichaxes, se non veñen, non vou estar chorando todos os días. Con este persoal estou convencido de que imos dar o máximo". Desvelou que o Club "está a negociar desde a semana pasada" cun lateral comunitario de Sudamérica, "que é destro pero leva dúas tempadas xogando pola esquerda". E confirmou que o pivote que desexa é Javi García, "aínda que a súa chegada está moi complicada".
Confesou o adestrador deportivista que vira tres veces o partido do domingo ante o Almería. "Gardado e Cristian, en defensa, estiveron moi abertos e deixaron moito espazo para Sergio e De Guzman. E logo, cando tiñamos a pelota, non fomos capaces de movernos entre liñas e pór en dificultades ao seu defensa", explicou Lotina.
En canto aos asubíos a Sergio, o técnico vasco pediu aos afeccionados que "se esquezan do que pasou ata agora e que o xulguen a partir desta tempada. É evidente que o domingo non xogou ben, pero moitos outros non xogamos ben". É máis, Lotina opina que Sergio "está a traballar moi ben e ten unha moi boa actitude".