RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas Pérez foi intervido hoxe con éxito no Hospital Quirón Salud A Coruña

Lucas Pérez foi operado con éxito esta tarde no Hospital Quirón Salud A Coruña polo doutor Álvaro García-Rozado, acompañado polo Xefe dos Servizos Médicos do Real Club Deportivo Carlos Lariño, dunha fractura do arco cigomático malar producido, tal e como explicou o propio futbolista nunha mensaxe a #ANOSAFORZA, "na última xogada do partido, nun choque cun xogador do AD Alcorcón".

O dianteiro coruñés chamou á tranquilidade ao asegurar que "non vai ser (unha lesión) de longa duración"; promete que tentará volver canto antes "e dalo todo nestes últimos partidos que nos quedan, que son importantes para nós, para reencontrarnos".

Lucas permanecerá ingresado no Hospital Quirón Salud A Coruña e será dado de alta, se todo transcorre con normalidade, mañá martes, para comezar inmediatamente a súa recuperación en Abegondo. "Teño moitas ganas e moitísima ilusión por conseguir o obxectivo", concluíu.