RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Luís Alberto: ''temos que estar tranquilos. Temos 28 puntos. Estamos nunha zona tranquila''

  Luís Alberto, autor do gol deportivista o pasado sábado en Anoeta, se pasó esta mañana pola sala de prensa de Abegondo. O atacante andaluz pide serenidade e confianza neste tramo ligueiro: "Temos que estar tranquil

Lembra que todos os equipos, ao longo da tempada, "teñen boas dinámicas e outras peores. Está a tocarnos. Pero se te pos a mirar as derrotas, menos o Mirandés, son todos contra equipos doutra liga".
 
Do partido deste domingo 24 de xaneiro en Riazor ante a Valencia (18.15, Canle + Liga / Abono Fútbol), "eu espero que esta semana consigamos a primeira vitoria en casa, por nós e pola afección, que xa é hora".
 
Sobre o equipo ché, di Luís Alberto que "sabemos que ten grandes xogadores, que van vir a tentar conseguir a vitoria. Pero nós tamén sabemos que necesitamos o tres puntos e ímolo a dar todo. Espero que queden aquí o tres puntos".
 
Lembra o atacante andaluz que o Valencia "na Copa lle gaña ao Granada nesta semana por 7-0 no global. Teñen grandes xogadores como Paco (Alcácer), Álvaro (Negredo), Rodrigo, que se acaba de recuperar, Parello... Nós temos facer o noso partido, dalo todo, facer un partido moi completo e porllo moi difícil a eles desde o minuto 1".