03/05/2010 10:57 |
Presentación do 'Premio a unha Estrela', en Riazor
Miguel Ángel Lotina e os capitáns do primeiro equipo (Manuel Pablo, Valerón, Sergio, Lopo e Bodipo), presentarán hoxe luns 3 de maio, ás 20.30 horas na sala de prensa do Estadio de Riazor, o "Premio a unha Estrela", galardón outorgado pola Federación de Peñas do Deportivo e que na presente edición recaerá en Manuel Pablo. A entrega realizarseá o próximo 11 de maio nos Salóns Pastoriza de Pastoriza (Arteixo) no transcurso da cea anual do deportivismo con todos os estamentos do Club (Consello de Administración, Corpo Técnico, persoal e afeccionados).