RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Malena e Nuria, convocadas pola Selección Española sub-20, apuntan ao Mundial do próximo verán

As xogadoras do Deportivo ABANCA Malena Mieres e Nuria Rábano foron convocadas pola Selección Española sub-20 para unhas xornadas de adestramento na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).

A porteira Malena e a dianteira Nuria están citadas o vindeiro luns 23 de abril ás 17:00 horas no Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, para poñerse a disposición dos seleccionadores nacionais. Os adestramentos terán lugar os días 23, 24 e 25 de abril. Ambas as xogadoras regresarán á Coruña o mesmo día 25, despois do xantar.

Após o Athletic Club (5) e Atlético de Madrid, Madrid CFF e FC Barcelona (3 cada unha), o Deportivo é o equipo que máis futbolistas proporciona á lista de 24 xogadoras.

A selección española sub-20 fórmana o groso de xogadoras que se proclamaron campioas de Europa sub-19, o pasado verán, nun torneo que Nuria tivo que abandonar por lesión. Aquela vitoria deu a España o billete para a novena edición da Copa do Mundo sub-20, que se disputará na Bretaña francesa entre o 5 e 24 de agosto.