RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Alevín A fai gala do seu bo momento ante o Atlético Castros

O Alevín A fixo gala ante o Atlético Castros (0-8), en partido da 4ª xornada, do seu bo momento no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas.

Íker Obeso -4-, Yael López -2-, Thiago Montes e Mario González foron os goleadores branquiazuis.

Con este resultado, o Alevín A suma 12 puntos de 12 posibles e lidera o subgrupo, igualado a puntos co Atlético Coruña Montañeros CF.

Alevín A: Alejandro Pais, Daniel Alonso, David Ramos, Hugo Caridad, Mario González, Yael López e Thiago Montes. Tamén xogaron: Brais Taín, Nico Torres, Javi Barral, Leo Sánchez, Sergio Infante e Iker Obeso.

A próxima fin de semana, o equipo que dirixe Alberto Suárez enfróntase ao CD Calasanz.

Os resultados do Alevín A en liga foron os seguintes até a data:

Alevín A 8 (Mario González -3-, Leo Sánchez -2-, Antón Vilariño e Daniel Alonso) - Imperátor OAR 0
Oza Juvenil SD 0 - Alevín A 8 (Antón Vilariño -2-, Iker Obeso -2-, Mario González, Yael López, Sergio Infante e Daniel Alonso)
Alevín A 3 (Iker Obeso -2- e Manu Alcázar) - Ural Español CF 1
Atlético Castros 0 - Alevín A 8 (Iker Obeso -4-, Yael López -2-, Thiago Montes e Mario González)