RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Benxamín A vence sobre a neve de Alemaña

O Benxamín A disputa esta fin de semana dous torneos amigables no municipio alemán de Wertingen.

O primeiro deles, o Wertingen U10, foi hoxe venres 1 de abril con estes rivais: TSV Wertingen U11 FC Porto e TSV Wertingen U10. Finalmente o GNK Dinamo Zagreb, que tamén estaba o cartel inicial, non puido chegar a tempo para participar.

Os branquiazuis gañaron os seu tres partidos e proclamáronse campións sobre un campo nevado debido á onda de frío que padece unha parte de Europa.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

BENXAMÍN A 3 (Martín López -2- e Álvaro Gómez) - FC PORTO 2
TSV WERTINGEN U11 0 - BENJAMÍN A 1 (Nacho Villanueva)
BENJAMÍN A 1 (Álvaro Gómez) - TSV WERTINGEN U10 0

No segundo torneo, o U10 UR-Bau Schwaben-Trophy International, o Benxamín A medirase mañá sábado 2 de abril no grupo B da Primeira Fase a estes rivais: TB Johannis 1888 Nürnberg, TSV Welden, Bayer 04 Leverkusen e SV Germering.

O calendario de partidos é o seguinte:

9:00: BENXAMÍN A - TB JOHANNIS 1888 NÜRNBERG
9:38: SV GERMERING - BENXAMÍN A
10:16: BENXAMÍN A - TSV WELDEN
11:32: BAYER 04 LEVERKUSEN - BENXAMÍN A

A partir de aquí, e segundo clasificación, os equipos pasarán á segunda fase, entre o sábado pola tarde e o domingo.