RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Dépor ABANCA B salva o duro escollo do Real Oviedo B antes de visitar ao Sporting de Gijón

Non era un partido fácil o desta tarde en Abegondo para o Deportivo ABANCA B, correspondente á 18ª xornada en Primeira Nacional.

As branquiazuis viron freadas a súa serie triunfal en Cantabria a pasada fin de semana co CD Oceja (0-0).

A maiores, o equipo deportivista perdeu a 3 futbolistas importantes por lesión, caso de Noela, Paula Novo e Andrea Ansede; e a Paula Monteagudo, citada polo primeiro equipo para o partido en Eibar.

E co Sporting de Gijón a 2 puntos, posto que ás asturianas tocoulles nesta xornada sumar 3 puntos sen xogar por medirse ao CD Tropezón (retirado da liga), chegaba a Abegondo o Real Oviedo B, 3º na táboa.

Aínda así, o Dépor ABANCA B tirou de oficio, maniatou ás carbayonas e dispuxo das mellores ocasións, aínda que o gol, único dun partido (1-0) moi disputado, fose en propia meta após unha falta lateral que sacou Marta Rico.

Con este resultado, o equipo de Kevin Cabado suma 50 puntos á fronte da táboa por 45 puntos do Sporting de Gijón. Ambos os equipos veranse as caras a próxima fin de semana en Asturias nun partido que pode ser clave para o desenlace da liga.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Lucía Mariño, María Calvo, Elena Vázquez, Uxía Cabada, Abril Pazos, Carmen Carballada, Marta Rico, Tati, Lucía Rivas e Laura Otero. Tamén xogaron: Laura Santos, Laura Testa, Sara Cercido e Elena López 'Cusi'.

Os resultados en liga até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Victoria CF 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 7 (Noela -3-, Marta Rico, María Calvo, Paula Monteagudo e Laura Otero) - CD Oceja 0
Real Oviedo B 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 2 (Marta Rico e Noela) - Sporting de Gijón 1
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas) - Real Avilés CF 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela) - CD Olímpico de León 0
Deportivo ABANCA B 4 (Laura Otero, Carmen Carballada, Paula Novo e Paula Monteagudo) - UD Mos 1
Lóstrego CF 2 - Deportivo ABANCA B 4 (Paula Monteagudo -2-, Carmen Carballada e Noela)
Deportivo ABANCA B 5 (Tati Barcia -2-, Paula Novo, Elena López 'Cusi' e unha futbolista rival en propia meta) - UD Llanera 0
CD Parquesol B 0 - Deportivo ABANCA B 7 (Elena Vázquez -2-, Marta Calvo -2-, Paula Monteagudo, Laura Otero e Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 10 (Marta Rico -5-, Noela -2-, Tati, Carmen Carballada, Lucía Rivas e Laura Testa) - CD Romanón 0
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Tati e Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 3 (Abril Pazos, Marta Rico e Laura Otero) - Victoria FC 0
Deportivo ABANCA B 3 (Laura Otero, Tati e Marta Rico) - Victoria CF 0
CD Oceja 0 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 1 (unha futbolista rival en propia meta) - Real Oviedo B 0