RCD / NOVAS

O Dépor ABANCA medirase ao Sporting Braga o 18 de agosto en Arteixo

04/07/2018 13:50

O Deportivo ABANCA segue planificando a Temporada 2018-2019, ademais de concretando o cadro que terá á súa disposición Manu Sánchez, pechando partidos de preparación. O primeiro encontro confirmado celebrarase o sábado 18 de agosto, co Sporting Braga como rival.

O campo de Ponte dos Brozos, en Arteixo, acollerá o duelo entre o primeiro equipo feminino branquiazul e as subcampioas de Liga e Copa de Portugal. As branquivermellas foron derrotadas en ambos os casos polo Sporting Clube de Portugal.

O choque dará inicio ás 16:00 horas.

Nestes momentos, o Deportivo ABANCA conta con 18 futbolistas: Anita e Miralles (porteiras), Cris, Laura, Mérida, Raquel, Miriam, Érika e Patri Rúa (defensas), Teresa, Kika, Iris e Alba Merino (centrocampistas), Gaby, Peke, Michelle Romero, Nuria e Ali Muñoz (dianteiras).