RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Deportivo ABANCA B asina en Mareo quizais o seu mellor partido da temporada

O Deportivo ABANCA B asinou en Mareo ante o Sporting de Gijón B (0-3) quizais a súa mellor actuación da presente temporada, en partido correspondente á 15ª xornada no grupo 1º de Primeira Nacional.

Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela selaron cos seus goles un choque moi completo das branquiazuis, superiores de principio a fin ás asturianas.

Con este resultado, o Deportivo ABANCA B suma 26 puntos na zona medio-alta da clasificación.

Deportivo ABANCA B: Nuria Gómez, Elena López 'Cusi', Paula Novo, María Calvo, Uxía, Marta Rico, Laura Testa, Carmen Carballada, Tati, Noela e Paula Monteagudo. Tamén xogaron: Ansede, Aroa González, Trillo, Marta Méndez e Iria Otero.

A próxima fin de semana, as xogadoras que dirixe Kevin Cabado reciben en Abegondo ao CF Versalles.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viaxes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viaxes InterRías FF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela)