RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Deportivo ABANCA visita ao Imperátor este domingo, en cuartos de final da Copa Deputación

O pasado domingo 5 de agosto, o Dépor ABANCA iniciou a súa participación na terceira edición da Copa Deputación, da que é o actual campión.

En oitavos de final eliminou ao Bergantiños (0-13), nun partido sen apenas complicacións.

Este domingo 12 de agosto, o rival en cuartos de final será o Imperátor. A eliminatoria será tamén a un único encontro, ás 19:00 horas no campo 1 de San Pedro de Visma. A entrada será gratuíta para os afeccionados.

Partidos confirmados da pretemporada do Deportivo ABANCA:

Sábado 4 de agosto, campo da Eragudina (Astorga): Deportivo ABANCA 2 (Lea e Alba Merino) - EDF Logroño 0
Domingo 5 de agosto (Copa Deputación, oitavos de final), Anexo das Eiroas (Carballo): Bergantiños 0 - Deportivo ABANCA 13 (María Calvo -2-, Érika -2-, Carlota, Iris -3-, Patri López -3- e 2 goles en propia meta)
Domingo 12 de agosto (Copa Deputación, cuartos de final), San Pedro de Visma 1, 19:00 h.: Imperátor - Deportivo ABANCA
Sábado 18 de agosto, Ponte dos Brozos (Arteixo), 16:00 h.: Deportivo ABANCA - Sporting Braga
Sábado 25 de agosto, campo de Santa Cruz (Xixón), 17:00 h.: Deportivo ABANCA - Athletic Club
Sábado 1 de setembro, Estadio da Luz (Lisboa), h.s.c.: Benfica - Deportivo ABANCA