RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril disputará o 1 de agosto os dezaseisavos de final da Copa Deputación

Este mércores 18 de xullo terá lugar o sorteo da 30ª edición da Copa Deputación da Coruña, na que participará, como é habitual cada verán, o Fabril.

Os seus rivais serán os seguintes, segundo a temporada 2017-18:

-Os outros dous equipos da provincia que xogaron en Segunda División B: CCD Cerceda e Racing de Ferrol

-Oito equipos de Terceira División: UD Somozas, CD Boiro, Bergantiños CF, SD Compostela, Silva SD, SD Negreira, CF Noia e Laracha CF.

-Doce equipos de Rexional Preferente: CD As Pontes, SD Dubra, Órdenes SD, UD Paiosaco H. Añón, CSD Arzúa, Xallas CF, Atlético Arteixo, SD Sofán, Betanzos CF, Boimorto CF, CF Dumbría e San Tirso.

-Trinta e un equipos de Primeira Autonómica: SDC Galicia Mugardos, Sporting Sada, AD Miño, SD O Val, Victoria CF, Atlético Coruña Montañeros, CD Queixas, Eume Deportivo, UD Carral, Olímpico CF, Cedeira SD, SE Abellá SDC, SD Brexo Lema, Portazgo SD, Orillamar SD, Atlético San Pedro, Sporting Cambre, Ortigueira CF, Bertamiráns CF, Soneira SD, Sigüeiro CF, CD Unión, Flavia SD, Atlético Riveira, SD Fisterra, Tordoia CF, Puebla FC, CD Baio, UD Bastavales, CF Chaián e SD San Lorenzo.

As eliminatorias serán a partido único, que se xogarán no campo do equipo de menor categoría ou, no caso de ser da mesma, segundo ditamine o sorteo.

As datas de competición son as seguintes:

Dezaseisavos de final: Mércores 1 de agosto
Oitavos de final: Domingo 5 de agosto
Cuartos de final: Mércores 8 de agosto
Semifinal: Domingo 12 de agosto
Final: 15 ou 16 de agosto, segundo ditamine a Federación Galega de Fútbol.

Partidos confirmados da pretemporada do Fabril '18-'19

Sábado 21 de xullo, Cidade Deportiva de Abegondo, 10:30 h.: Dépor - Fabril
Xoves 26 de xullo, campo de El Pardo en Navia, 18:00 h.: Real Oviedo Vetusta - Fabril
Domingo 29 de xullo, A Magdalena de Vilalba, h.s.c.: Racing Villalbés - Fabril
Mércores 1 de agosto, dezaseisavos de final da Copa Deputación, con rival por determinar