RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril vén de baleiro de Bouzas

O Fabril non puido sacar nada positivo da súa visita ao Rápido de Bouzas (3-1) en partido correspondente á 17ª xornada en Tercera RFEF.

Os locais, que presionaron insistentemente aos fabrilistas na primeira parte, encarrilaron o partido con dous goles case consecutivos á media hora de Diego Abal e Álex Rey.

Tralo descanso, un erro defensivo que aproveitou Davo meteu ao Fabril no partido. Óscar Gilsanz moveu pezas e deu entrada a Fabio e Juan Cambón.

Con todo, pouco despois Alex Millán anotaba o terceiro e definitivo gol que xa puña a sentenza.

Con este resultado, o Fabril queda con 21 puntos na zona media da táboa.

Fabril: Brais Suárez, Iván Guerrero, David Suárez, Dani Barcia, Juan Rodríguez, Mario Domínguez, Brais Val, Runy, Nájera, Mella e Davo. Tamén xogaron: Fabio, Juan Cambón, Víctor e Currás.

O vindeiro mércores 22 de decembro ás 21:00 horas, a Fabril visita ao Silva SD en partido aprazado no seu día e correspondente á 15ª xornada.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Juvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Fabril - Atlético Arnoia, aprazado
Silva SD - Fabril, o mércores 22 de decembro ás 21:00 na Grela
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)