RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Fabril vence á SD Sofán e achégase aos postos de playoff de ascenso

O Fabril dobregou (0-3) ao SD Sofán en partido correspondente á 25 xornada en Tercera RFEF que foi aprazado o pasado mes de febreiro.

Os fabrilistas encadean así a súa terceira vitoria consecutiva após vencer ao CD Choco (0-3) e ao CSD Arzúa (2-0); e sitúanse, con 43 puntos, a 5 puntos dos postos de playoff de ascenso con 4 xornadas aínda por diante.

O primeiro tempo acabou sen goles ante un SD Sofán que a pesar de estar na parte baixa da táboa, opuxo unha férrea resistencia.

Tralo paso polos vestiarios, Mario fixo o 0-1 e abriu o partido, sentenciado logo cos tantos de Víctor e Iano Simão.

Fabril: Alberto, Currás, David Suárez, Dani Barcia, Juan Rodríguez, Barba, Mario, Víctor, Javi Sanmartín, Mella e Davo. Tamén xogaron: Iano Simão, Iván Guerrero, Juan Cambón, Fabio e Nájera.

Este sábado 9 de abril, o filial deportivista visita ao Atlético Arnoia a partir das 16:30.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0
SD Juvenil de Ponteareas 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Runy e Fabio) - CD Barco 1
Alondras CF 1 - Fabril 0
Fabril 3 (Yeremay -2- e Runy) - UD Somozas 0
CSD Arzúa 2 - Fabril 1 (Runy)
Silva SD 1 - Fabril 2 (Davo e Dani Barcia)
Fabril 1 (Javi Sanmartín) - CD Estradense 2
Rápido de Bouzas 3 - Fabril 1 (Davo)
Racing Villalbés 1 - Fabril 0
Fabril 0 - CF Noia 0
Viveiro CF 1 - Fabril 0
Fabril 4 (Davo -3- e Nájera) - Polvorín FC 1
Fabril 2 (Runy e Davo) - Atlético Arnoia 0
Fabril 0 - Ourense CF 1
Fabril 1 (Runy) - SD Juvenil de Ponteareas 1
CD Barco 1 - Fabril 1 (Javi Sanmartín)
Fabril 0 - Alondras CF 0
UD Somozas 3 - Fabril 1 (Víctor)
CD Choco 0 - Fabril 3 (Juan Cambón e Víctor -2-)
Fabril 2 (Yeremay e Jairo) - CSD Arzúa 0
SD Sofán 0 - Fabril 3 (Mario, Víctor e Iano Simão)