RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Infantil recibe mañá mércores en Abegondo ao ED Val Miñor Nigrán na semifinal da Liga Galega

O Infantil disputa mañá mércores 8 de xuño ás 18:30 en Abegondo (campo 4), a partido único, as semifinais polo título galego contra o segundo clasificado do subgrupo sur: ED Val Miñor Nigrán.

O gañador deste encontro xogará a final para decidir o campión da Liga Galega, nunha sede que ditaminará a Federación, ante o vencedor do partido entre o RC Celta e o CD Conxo Santiago.

O conxunto deportivista, campión do subgrupo norte da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, certificou pois o ascenso para a temporada 2022-23 á recentemente creada División de Honra.

Os branquiazuis, único equipo de #ANOSACANTEIRA en competición oficial a estas alturas da temporada, mandaron no subgrupo norte con 33 puntos. Gañaron 9 partidos e empataron 1, en Santiago ante o CD Conxo Santiago, segundo clasificado. O balance goleador é moi favorable, con 52 tantos marcados e unicamente 8 encaixados.

O seu rival de mañá, o ED Val Miñor Nigrán, foi subcampión do subgrupo sur con 29 puntos, a 3 puntos do campión, o RC Celta. Os rivais dos deportivistas gañaron 9 partidos e empataron 1 nesta segunda fase; con 36 goles a favor e 7 en contra.