RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O Infantil xogarase o cetro galego da categoría ante o CD Conxo Santiago o xoves 23 en Ordes

O Infantil do RC Deportivo xogará a final para decidir o campión da Liga Galega no campo de Vista Alegre de Ordes ante o CD Conxo Santiago, que apeou en semifinais ao RC Celta.

O cadro branquiazul tombou ao ED Val Miñor Nigrán (3-0) nas semifinais, a partido único disputado en Abegondo, en casa do equipo mellor clasificado, o conxunto deportivista, campión do subgrupo norte; posto que os vigueses foron segundos do subgrupo sur.

O Infantil certificou tamén o ascenso para a temporada 2022-23 á recentemente creada División de Honra.

Os branquiazuis, único equipo de #ANOSACANTEIRA en competición oficial a estas alturas da temporada, xogarán a final ante os santiagueses o xoves 23 de xuño ás 19:30 horas.

A outra data que se barallaba para a final da Liga Galega era mañá luns 20 no mesmo horario e escenario; pero a selección galega sub-14, con seis xogadores do Dépor nas súas filas, clasificouse para as semifinais do campionato de España da categoría, o martes 21 en Pontevedra, o que fai inviable mañá o choque entre o Infantil e o CD Conxo Santiago.