RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

O Orzán SD Cadete igualou co Victoria CF no primeiro partido da Fase polo Título galego

O Orzán SD Cadete Feminino iniciou a Fase polo Título da liga Galega cun empate en casa (1-1) ante o Victoria CF.

Daniela Basalo adiantou ás orzanistas no minuto 18 pero empataron as branquinegras na recta final dun encontro de clara superioridade local pero sen fortuna en ataque.

Os rivais do Orzán SD Cadete Feminino, campión do subgrupo A en a primeira fase, son os seguintes: Victoria CF, Colexio Obradoiro e CF Noia (2º, 3º e 4º respectivamente do citado subgrupo A); ademais do Lóstrego CF, UD Mos, Umia CF e Viaxes InterRías FF (os 4 primeiros clasificados do subgrupo B).

O formato de competición é de liga todos contra todos a unha soa volta na que o primeiro clasificado será o campión galego.

Orzán SD Cadete Feminino: Paula Bermúdez, Alexia Freire, Nadia Longueira, Paula Martínez, Daniela Basalo, Sara Cercido, Micaela Baratelli, Emma Gandoy, Macarena González, Lucía González e Ánxela Prado. Tamén xogaron: Candela González, Candela Fernández, Sofía Rodríguez, Valentina Millón e Sofía Paz.

A próxima fin de semana, o equipo de Abel Sánchez visita en Chaín (Gondomar) ao Lóstrego CF.