RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

O partido aprazado entre o Deportivo ABANCA B e o CF Versalles xogarase o sábado 19 de marzo ás 16:15

O partido entre o Deportivo ABANCA B e o CF Versalles, correspondente á xornada 16ª en Primeira Nacional e aprazado no seu día por casos de COVID no vestiario branquiazul xogarase finalmente o sábado 19 de marzo ás 16:15 horas.

Tamén será o Xuíz de Competición o que estableza unha data para disputar o partido do filial deportivista ante o CD Olímpico de León, aprazado por este mesmo motivo a pasada semana e pertencente á 17ª xornada.

As deportivistas marchan en quinta posición do grupo con 26 puntos.

Este domingo 6 de febreiro ás 12:30, as futbolistas de Kevin Cabado visitan ao SD Villestro en partido da 18ª xornada.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Viajes InterRías FF 2 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Paula Monteagudo -2- e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 0
Versalles CF 1 - Deportivo ABANCA B 1 (Marta Rico)
Deportivo ABANCA B 0 - CD Olímpico de León 1
Deportivo ABANCA B 4 (Noela, Trillo, Tati e Ansede) - SD Villestro 0
UD Mos 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Tati)
Deportivo ABANCA B 0 - Sárdoma CF 1
PM Friol 4 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 3 (Paula Monteagudo, Noela e Laura Otero) - Oviedo Moderno CF B 1
Gijón FF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Trillo)
Deportivo ABANCA B 4 (Marta Méndez, Noela, Paula Monteagudo e Marta Rico) - Victoria FC 0
Victoria CF 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Paula Monteagudo)
Deportivo ABANCA B 7 (Tati -3-, Carmen Carballada, Paula Monteagudo, Uxía Cabada e María Calvo) - Umia CF 0
Deportivo ABANCA B 0 - Viajes InterRías FF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Carmen Carballada, Paula Monteagudo e Noela)
Deportivo ABANCA B - CF Versalles, o sábado 19 de marzo ás 16:15 en Abegondo
CD Olímpico de León - Deportivo ABANCA B, aprazado