RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Os Servizos Médicos tamén dan o alta a Morel

Os Servizos Médicos do Deportivo deron o alta a Morel esta tarde, tras ser examinado polo traumatólogo do Club, Rafael Arriaza. Desta maneira, o internacional paraguaio únese a Riki e a Míchel, también aptos para a competici&oa

Pola súa banda, Arriaza tamén ditaminou que mañá mércores Andrés Gardado sexa sometido a unha resonancia magnética de control para comprobar o estado da zona que acaba de recuperar. Por conseguinte, o  mexicano realizará na sesión de mañá un traballo específico á  marxe do grupo.

Rindaroy, que foi sometido hoxe mesmo a unha ecografía, sofre unha sobrecarga no seu tendón de Aquiles esquerdo. Seguirá pois co seu traballo de readaptación deportiva e, en función da súa evolución, irase incorporando progresivamente ao adestramento do grupo.

Por fin, Saúl, cuxa resonancia magnética realizada esta tarde é totalmente normal, tamén continuará uns días cun plan de readaptación deportiva ata que desaparezan as molestias no seu xeonllo.