RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Os xogadores lamentan en zona mixta a oportunidade desaproveitada

  José Rodríguez, Juanfran e Luisinho foron o tres xogadores que analizaron o choque fronte ao Málaga na zona mixta de Riazor.

José Rodríguez foi o primeiro en pasar: "sabiamos que ía ser un partido diferente, xogamos bastante ben, é unha pena a derrota. Tivemos moitas ocasións de goles, fallamos un penalti. Faltounos marcar. Estamos a encadear un refacho bastante mala. Temos que gañar ao Elxe."
 
Juanfran, pola súa banda cre que "deixamos pasar unha oportunidade boísima e isto é Primeira, non as podes desaproveitar", e ante esta situación delicada, non atopa "paralelismo con Betis, alí foi moito máis difícil, aquí a xente está a apoiarnos, con dez puntos en decembro é lóxico que a xente esta encabuxada e pite, pero apoia e é seguro que o imos a sacar adiante. Gustaríanos as cousas estivesen máis tranquilas e que no seguinte partido estea aberta a bancada porque é a parte que máis anima. Os que estivesen na pelexa que non volvan ao campo, pero o resto si"
 
Luisinho considera que "tivemos moitas oportunidades pero hai que ser realistas, non tivemos sorte. O resultado é un pouco inxusto. Queriamos tres puntos e non conseguimos ningún, tivemos oportunidades para marcar, non o fixemos, non hai que pensar máis niso senón no próximo partido. En canto ao ambiente na bancada considera que "non é un tema que compete aos xogadores senón ao Club que tentará resolvelo o mais rápido posible".