RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ESTADO FÍSICO - PARTE MÉDICO

Parte médico de Cani e Luís Alberto

  Cani foi sometido a unha resonancia magnética no hospital HM Modelo, co obxecto de ditaminar o alcance exacto das molestias que lle obrigaron a retirarse do adestramento do pasado venres en Abegondo. Os Servizos Médicos do Club di

Pola súa banda, a radiografía do nocello esquerdo de Luís Alberto revela unha escordadura do ligamento lateral externo. O atacante deportivista lesionouse onte aos poucos minutos de arrincar á Valencia-Dépor en Mestalla, aínda que aguantou no céspede ata o minuto 28.

Os dous futbolistas estarán uns días con tratamento médico e fisioterapia. En función da súa evolución, iniciarán co readaptador do persoal Pablo López a etapa de readaptación física, previa á súa incorporación definitiva ao grupo.