RCD / NOVAS

Parte médico de Iván Cavaleiro

Iván Cavaleiro foi sometido a probas médicas complementarias esta mañana no Hospital HM Modelo da Coruña.

20/01/2015 14:09

Os Servizos Médicos do Deportivo diagnosticáronlle unha sobrecarga no aductor medio da súa coxa esquerda, que lle obrigou a retirarse no descanso do partido do pasado domingo ante o FC Barcelona.

O regreso de Cavaleiro aos adestramentos co grupo dependerá da súa evolución nos próximos días.

Máis novas de: CAVALEIRO

RCD / Noticias Relacionadas