RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Parte médico de Kika Moreno e avaliación a Cris Oreiro

A futbolista do Deportivo ABANCA Kika Moreno sufriu hoxe domingo, no transcurso do partido ante o Victoria CF en Ponte dos Brozos (Arteixo), unha fractura con luxación do seu nocello dereito.

Por este motivo, foi intervida de urxencia por Rafael Arriaza, traumatólogo do RC Deportivo, para levar a cabo unha redución e fixación dos fragmentos, con limpeza artroscópica da articulación.

A futbolista venezolana estará unhas semanas co pé inmobilizado, para pasar posteriormente á fase de readaptación, paso previo ao seu regreso aos adestramentos co grupo.

Cris Oreiro, pendente de probas médicas no seu xeonllo

Tamén Cris Oreiro saíu lesionada do partido ante o Victoria. A futbolista galega ten unhas molestias nun xeonllo.

Será sometida nos próximos días a probas médicas para ditaminar o alcance exacto desta lesión.