RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAHISTORIA

Participa en O Balón dás Nosas Lendas: un proxecto histórico para elixir as 10 lendas do Dépor

O RC Deportivo pon en marcha O Balón dás Nosas Lendas, un novo proxecto no marco do seu 110 aniversario, un paso máis na firme intención de recuperar e poñer en valor toda a historia da entidade e aos seus protagonistas. A proposta é moi sinxela e emotiva. Unha páxina web (www.obalondasnosaslendas.es), unha votación popular aberta a todos os seguidores e un recordo en forma de xoia ao alcance de todos os deportivistas que o queiran ter para sempre.
O RC Deportivo preseleccionou a 110 xogadores de toda a súa historia para que  en www.obalondasnosaslendas.es  os afeccionados branquiazuis escollan aos seus 10 favoritos. As firmas dos 10 máis votados irán gravadas (xunto ao seu nome e os anos nos que militou no Club) nun balón de Prata de 1ª Lei que calquera deportivista poderá adquirir a través da propia web unha vez pechada a votación o mes que vén.
 
Para facilitar a votación, os seguidores terán a posibilidade de buscar aos seus favoritos entre os 110 preseleccionados por nome, demarcación ou ano. Unha vez seleccionados os seus 10 favoritos, deberán validar a súa elección, que soamente poderán realizar unha vez por cada correo electrónico facilitado.
 
O prazo para realizar as votacións pecharase o 14 de novembro, data na que coñeceremos o nome do dez mellores xogadores da historia do Club segundo os seus propios afeccionados.
 
A partir de aí, o balón, de 80 milímetros de diámetro, 380 gramos de peso, bañado en Prata de 1ª Lei de 20 micras e presentado nunha elegante urna transparente, poderá comprarse a través de www.obalondasnosaslendas.es.