RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Partido definitivo para Nuria Rábano ante Estados Unidos, mañá luns no Mundial sub-20

- Foto: @SeFutbolFem -

A dianteira do Deportivo ABANCA Nuria Rábano está concentrada coa selección española sub-20, na Copa do Mundo da categoría, que se celebra na Bretaña francesa.

España, que suma 6 puntos de 6 posibles na Primeira Fase, xógase o pase a cuartos de final mañá luns ante Estados Unidos, ás 13:30 horas no estadio Clos Gastel (Dinan/Léhon). As norteamericanas contan con 3 puntos, do mesmo xeito que as xaponesas.

O combinado nacional sufrirá para o que queda de torneo a baixa de Ona Batlle, que regresa a casa cunha escordadura de nocello.

Así pois, España disporá de 20 futbolistas até o final, posto que o regulamento impide substituír á futbolista do Madrid CFF lesionada.

O pasado xoves, o combinado nacional superou (1-0) a Xapón grazas a un gol de Carmen Menayo ao cuarto de hora de xogo.

Do mesmo xeito que na primeira xornada ante Paraguai, Nuria Rábano seguiu o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

O calendario de España no grupo C, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Luns 6 de agosto
PARAGUAI 1 - ESPAÑA 4

Xoves 9 de agosto
ESPAÑA 1 - XAPÓN 0

Luns 13 de agosto
13:30: ESPAÑA - ESTADOS UNIDOS, no estadio Clos Gastel (Dinan/Léhon)

Os dous primeiros de cada grupo avanzan ás eliminatorias, que comezan en cuartos de final.