RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Portugal, con Pedro no banco, cae con Italia no Europeo sub-19

O dianteiro do Fabril Pedro Alves Correia, que o ano pasado realizou a pretemporada co Deportivo, atópase este mes na cidade de Vaasa (Finlandia), concentrado coa selección portuguesa no Campionato de Europa sub-19.

Nesta competición participan as 8 mellores seleccións europeas, con moitas das grandes promesas do fútbol continental.

Portugal quedou encadrado na Primeira Fase no grupo A, con Finlandia, Noruega e Italia.

Hoxe xoves, o canteirán branquiazul disputou co seu equipo a segunda xornada do torneo, na que o rival foi Italia. O encontro púxose costa arriba para os portugueses aos 9 minutos por expulsión do central Diogo Queirós.

Ao final caeu Portugal (2-3), e de novo Pedro non xogou nin un minuto.

O equipo luso arrancou o pasado luns o Europeo con triunfo (1-3) ante Noruega. Pedro seguiu o choque desde o banco e non chegou a saltar ao terreo de xogo.

A próxima cita, definitiva para Portugal, será o domingo 22 de xullo fronte a Finlandia, ás 17:30 (hora local) no Hietalahti Stadium de Vaasa.

O calendario da selección lusa (en horario local), cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Luns 16 de xullo
NORUEGA 1 - PORTUGAL 3

Xoves 19 de xullo
PORTUGAL 2 - ITALIA 3

Domingo 22 de xullo
17:30: PORTUGAL - FINLANDIA, no Hietalahti Stadium (Vaasa)

Os 2 primeiros clasificados xogarán as semifinais, que serán o xoves 26 de xullo ás 14:00 e 18:00 horas.

Finalmente, o terceiro do grupo disputarase co terceiro do grupo B unha praza para o próximo Mundial sub-20. Será ese mesmo xoves 26 (12:00 horas) no OmaSP Stadion da localidade de Seinäjoki.