RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados de #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

O partido máis destacado en #ANOSACANTEIRA esta fin de semana será o do Fabril, que visita ao Toledo no Salto del Caballo mañá domingo 13 de maio ás 18:00 horas.

O filial deportivista, segundo agora na táboa con 68 puntos, dispútase o título de liga co Rayo Majadahonda, líder con 69 puntos, que xoga na Malata ante un necesitado Racing de Ferrol.

Se o equipo madrileño perde, ao Fabril bástalle un empate no Salto del Caballo toledano para lograr o campionato. Neste caso ambos igualarían a 69 puntos, pero o golaverage particular favorece aos deportivistas.

Se o Rayo Majadahonda empata, o conxunto de Gustavo Munúa ten que gañar ao Toledo.

Finalmente, se o cadro rayista gana en Ferrol, será campión independentemente do que faga o Fabril.

Pero se o conxunto de Gustavo Munúa cae no seu partido e o Fuenlabrada, terceiro agora con 65 puntos, gana á Ponferradina, serán segundos os madrileños en prexuízo dos fabrilistas.

O Fabril viaxa a Toledo con todo o seu cadro a esta cita final. Non poderán xogar por lesión: Óscar, Lucas e Carlos López.

No resto da xornada, sobresae a visita do Athletic Club ao Xuvenil A en oitavos de final da Copa do Rei. Será o domingo ás 12:00 en Abegondo.

Para este partido, os socios teñen libre acceso á Cidade Deportiva. Para o público, a entrada custa 3 euros.

De entrada gratuíta é o do Deportivo ABANCA B en Arteixo ante o UD Ourense (domingo ás 18:00 horas).

Xogan fóra de Abegondo mañá domingo o Xuvenil B (en Santiago ante o CD Conxo) e o Cadete A (en Bertamiráns).

No resto de categorías, non ten partido o Alevín A en o Trofeo Luis Calvo, no que se disputa a última xornada con descanso para o equipo deportivista, xa campión.

Acabaron a competición o Infantil A, Infantil B e Benxamín A, que precisamente afronta un maratón de partidos en dous torneos amigables en Alemaña. Iso si, cada choque ten unha duración de 12 minutos.

Hoxe xogou o Torneo do TSV Röthenbach e quedou apeado na Fase de Grupos. Mañá domingo, o Benxamín A compite na Tolerance Cup 2018.

Finalmente, o Benxamín B impúxose ao Luis Calvo C e proclamouse campión da Segunda Comarcal A Coruña, a falta de 3 xornadas.

Desta forma, #ANOSACANTEIRA suma 8 títulos, tralos cultivados tamén polo Infantil A (Liga Galega, grupo norte), Infantil B (Primeira Autonómica, grupo 1º), Alevín A (grupo 1º de Primeira Comarcal A Coruña e grupo norte do Trofeo Luis Calvo de fútbol once), Alevín B (Segunda, grupo 1º; e Segunda Fase, grupo 1º) e Benxamín A (Primeira Comarcal A Coruña, grupo 2º).

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
38ª xornada, última: CD TOLEDO - FABRIL, o domingo 13 de maio ás 18:00 no campo Salto del Caballo

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 30ª xornada, última: DEPORTIVO ABANCA B - UD OURENSE, o domingo 13 de maio ás 16:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo)

Categoría xuvenil
Copa do Rei, oitavos de final, ida: XUVENIL A - ATHLETIC CLUB, o domingo 13 de maio ás 12:00 en Abegondo

Liga Nacional, 32ª xornada: CD CONXO - XUVENIL B, o domingo 13 de maio ás 12:00 no campo da Merced (Conxo, Santiago)

Categoría cadete
División de Honra, 32ª xornada: BERTAMIRÁNS - CADETE A, o domingo 13 de maio ás 12:30 no Municipal de Bertamiráns

Liga Galega, grupo 1º, 32ª xornada: CADETE B 3 (Hugo, Mouriño e Nils) - CD CONXO 2

Categoría alevín
Segunda Fase, grupo 1º, 12ª xornada, última: ALEVÍN B 17 (Dani -4-, Bruno -4-, Xenxo -3-, Eli -2-, Jairo -2-, Álex e Marcos) - CP ESCLAVAS 0

Categoría benxamín
Torneo do TSV Röthenbach en Wendelstein (Alemaña)
Sábado 12 de maio
Primeira Fase
BENXAMÍN A 5 (Diego -2-, Mosquera, Janusz e Balbas) - DJK SCHWABACH 0
DJK FALKE 0 - BENXAMÍN A 1 (Guille)
INTERSTAR SIBIU 1 - BENXAMÍN A 1 (Diego)
BENXAMÍN A 0 - SPVGG UNTERHACHING 1
FSV FRANKFURT 0 - BENXAMÍN A 0
BENXAMÍN A 1 (Nico) - FLYERALARM ADMIRA 0

Tolerance Cup 2018, en Wendelstein (Alemaña)
Domingo 13 de maio
Primeira Fase
9:24: BESIKTAS - BENXAMÍN A
9:48: BENXAMÍN A - FSV STADELN
10:12: BENXAMÍN A - FC NÜRNBERG
11:12: SK LAUF - BENXAMÍN A

Todos os equipos pasan á seguinte fase. Os dous primeiros de grupo pelexarán polas posicións do 1 ao 16; o terceiro clasificado polos postos do 17 ao 24; o cuarto polas posicións do 25 ao 32; e o quinto de grupo polos postos 33 ao 40.

Segunda Comarcal A Coruña, 27ª xornada: BENXAMÍN B 11 (Ronquete -3-, Nico -2-, Trigo -2-, Uxío -2-, Paulo e Sergio) - LUIS CALVO C 1