RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

#ONOSODERBI de filiais de hoxe sábado 21 de abril entre o Fabril e o Celta B centrou a atención na canteira deportivista esta fin de semana.

O partido, de alta tensión e até con catro expulsados no filial deportivista (dous técnicos e dous futbolistas) saldouse con triunfo vigués.

Retornan á competición tralo parón da semana pasada o Xuvenil B e Cadete A, ambos en Abegondo ante o Porriño (mañá domingo ás 12:00) e Pontevedra (hoxe sábado triunfo por 4-0) respectivamente.

Para o choque de mañá, a entrada é gratuíta para os socios. O público terá que pagar 3 euros.

Tamén xogan mañá domingo en Vigo o Deportivo ABANCA B (ante o Sárdoma B) e na Coruña o Infantil A (ante o Calasanz). E fixérono hoxe o Cadete B (derrota 1-0 ante o Atlético Coruña Montañeros) e o Infantil B (vitoria 0-1 fronte ao Ural B).

Finalmente, esta fin de semana o Alevín B compite na localidade alemá de Osnabrück no Reno Cup 2018. O seu encontro ligueiro correspondente a esta xornada disputouno a pasada fin de semana.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Segunda División B
35ª xornada: FABRIL 1 (Luis Fernández) - CELTA B 3

Categoría feminina
Primeira Autonómica Feminina, 27ª xornada: SÁRDOMA B - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 22 de abril ás 12:30 no campo das Relfas (Vigo)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 29ª xornada: XUVENIL B - PORRIÑO INDUSTRIAL, o domingo 22 de abril ás 12:00 en Abegondo (campo 4)

Categoría cadete
División de Honra, 29ª xornada: CADETE A 4 (Mario, Pol e Juanma -2-) - PONTEVEDRA 0

Liga Galega, grupo 1º, 29ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS 1 - CADETE B 0

Categoría infantil
Liga Galega, Fase polo Título, 12ª xornada: CALASANZ - INFANTIL A, o domingo 22 de abril ás 10:00 na Leyma

Primeira Autonómica, grupo 1º, 33ª xornada: URAL B 0 - INFANTIL B 1 (Diego)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, 10ª xornada: VICTORIA A - ALEVÍN A, o domingo 22 de abril ás 12:00 en Abegondo

Reno Cup 2018 en Osnabrück (Alemaña)
Sábado 21 de abril
Primeira Fase
ALEVÍN B 0 - FC ST. PAULI 1
'BURG GRETESCH 1' 1 - ALEVÍN B 5 (David -3-, Vergara e Rubén)
ALEVÍN B 5 (Marcos, David -3- e Xenxo) - VfB EINHEIT ZU PANKOW 0
Segunda Fase
ALEVÍN B 4 (David -2- Raúl e Eli) - ARMINIA BIELEFELD 1
ALEVÍN B 1 (Eli) - FÜCHSE BERLIN 2
Domingo 22 de abril
9:40: VfL OSNABRÜCK - ALEVÍN B
10:20: ALEVÍN B - VfB STUTTGART

Categoría benxamín
Segunda Fase da Primeira Comarcal, 15ª xornada: BENXAMÍN A 5 (Xabi -2-, Iago, Balbás e Janusz) - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS A 1

Segunda Comarcal A Coruña, 23ª xornada: BENXAMÍN B - OZA JUVENIL B, o martes 24 de abril ás 19:00 en Abegondo