RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Resultados en #ANOSACANTEIRA hoxe sábado e calendario para mañá domingo

Varios equipos de #ANOSACANTEIRA teñen compromiso de pretemporada esta fin de semana: Fabril, Xuvenil A, Xuvenil B e Cadete A.

Hoxe sábado estreouse o Xuvenil B cun torneo en Monforte. O equipo dirixido por Rubén Coméndez foi subcampión ao gañar ao Calasancio (4-0) en semifinais e caer co Pavillón na quenda de penaltis da final (4-5), após finalizar os 90 minutos con igualada (1-1).

O equipo co calendario máis cargado é o Xuvenil A, con cita esta semana en San Tirso (derrota o pasado mércores por 3-0), Cee (empate sen goles hoxe sábado 11) e O Val (torneo mañá domingo 12).

No caso deste último compromiso, será con motivo do Torneo Sinde's Cup no campo de Sinde de O Val (Narón). O Xuvenil A mídese ao Ural en semifinais (10:30). O gañador xogará a final (19:00) ante o vencedor da outra semifinal, que disputarán ás 12:00 o Racing de Ferrol e o Celta.

As entradas custan 6 euros (xornada de mañá e tarde) ou 4 euros (ou ben para a mañá ou ben para a tarde).

Sen dúbida, o partido estrela da fin de semana é a visita do Fabril ao Pontevedra, onte venres 10 de agosto en Pasarón, nunha proba de lume para os pupilos de Tito Ramallo de cara ao comezo de liga.

Nun partido igualado, venceron os locais pola mínima (1-0), aínda que o fabrilista Guillermo May fallou un penalti que puido cambiar o resultado final.

Tamén debutou este verán o Cadete A, concretamente onte venres cunha partida fronte ao xuvenil A de o Bergantiños (2-0). Axel realizou dobrete goleador nun encontro no que o técnico deportivista, Luis Bonilla, deu minutos a todos os seus futbolistas.

O calendario de amigables, cos resultados dos partidos xogados, é o seguinte:

Segunda División B
PONTEVEDRA 1 - FABRIL 0

Categoría xuvenil
SAN TIRSO (Rexional Preferente) 3 - XUVENIL A 0
CEE (Segunda Autonómica) 0 - XUVENIL A 0. Por penaltis: 5-4

3er Torneo Xuvenil Sinde's Cup no campo de Sinde (O Val)
Domingo 12 de agosto
Semifinal
10:30: XUVENIL A - URAL
O gañador xogará a final (19:00) fronte ao vencedor da outra semifinal (Racing de Ferrol ou Celta); e o perdedor o partido polo terceiro e cuarto posto (17:30 horas).

Torneo do CD Calasancio en Monforte
Sábado 11 de agosto
Semifinal
CD CALASANCIO 0 - XUVENIL B 4 (Aye, Luque, Melide e Juanma)

Final
XUVENIL B 1 (Jose) - PABELLÓN 1. A penaltis: 4-5

Categoría cadete
CADETE A 2 (Axel -2-) - BERGANTIÑOS A (xuvenil) 0