O comité de competición sancionou ao deportivista Lionel Scaloni cun partido de suspensión e unha amoestación tras a súa expulsión do pasado domingo en Riazor.
Cabe lembrar que o xogador se atopaba realizando exercicios de quecemento na banda cando foi expulsado polo colexiado do encontro, Pérez Lasa.