RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Sobresaliente actuación de #ANOSACANTEIRA hoxe sábado, no podio en Nantes (Francia) e Narón

#ANOSACANTEIRA brillou hoxe sábado en Francia, onde un equipo cadete foi subcampión do Mundial sub-15 de La Saint Pierre, e en Narón, co Trofeo Concello de Narón para o Dépor ABANCA B.

En Oviedo, o Xuvenil B caeu os cuartos de final, torneo no que o Alevín A dixo adeus en oitavos.

Mañá domingo hai dous finais de consolación: o Cadete A en Zaragoza (10:00) e un equipo infantil do Dépor en Lisboa (15:00 hora local, unha hora máis en España).

A maiores, o Benxamín A pecha a súa apertada Semana Santa co Trofeo Villa de Caldas en Caldas de Reis (Pontevedra).

O Benxamín A xoga mañá o Trofeo Villa de Caldas

O Benxamín A disputa mañá domingo 21 en Caldas de Reis (Pontevedra) o Trofeo Villa de Caldas, con este calendario:

11:30: BENXAMÍN A - EQUIPO PROCEDENTE DA FASE PREVIA
13:30: EQUIPO DA FASE PREVIA - BENXAMÍN A
16:00: BENXAMÍN A - OURENSE CF

Os dous primeiros pasan a cuartos de final, que comezan ás 16:45 horas.

É a segunda cita cita das dúas que o conxunto deportivista ten programadas para esta Semana Santa. A primeira foi a Íscar Cup Tordesillas 2019.

O Benxamín A, após pasar como campión da Primeira Fase, eliminou ao Alavés en oitavos de final e caeu ante o poderoso Real Madrid, un dos favoritos ao título, en cuartos.

Os resultados do Benxamín A foron os seguintes:

Xoves 18 de abril
BENXAMÍN A 8 (Yago Trigo -2-, Gael, Nico, Paulo, Íker e Ioan) - KÄPYLÄN PALLO 0
BENXAMÍN A 2 (Nico e Mauro) - MÁLAGA CF 0
VALENCIA CF 1 - BENXAMÍN A 1 (Yago Trigo)

Venres 19 de abril
Oitavos de final
BENXAMÍN A 3 (Joaquín -3-) - ALAVÉS 0
Cuartos de final
BENXAMÍN A 0 - REAL MADRID 4

O Dépor, na final de consolación do Trofeo Internacional infantil en Lisboa apadriñado polo técnico luso Jorge Jesus

Un equipo infantil do Deportivo participa nun Torneo Internacional en Lisboa apadriñado polo técnico luso Jorge Jesús.

Hoxe sábado, o Dépor caeu en semifinais co Sporting Clube de Portugal (1-4) e mañá domingo xogará a final de consolación contra o Odense BK.

O calendario de partidos, en horario local (unha hora máis en España), cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 18 de abril
SC BRAGA 1 - DEPORTIVO 3 (Jorge -2- e Oreiro)

Venres 19 de abril
DEPORTIVO 0 - FC PORTO 0
DEPORTIVO 0 - LEVANTE UD 0

Sábado 20 de abril
CLUBE ATLÉTICO E CULTURAL 0 - DEPORTIVO 4 (Memet, Diego, Pablo Seco e Guerrero)
Semifinal
DEPORTIVO 1 (Ayana) - SPORTING CLUBE DE PORTUGAL 4

Domingo 21 de abril
Terceiro e cuarto posto
15:00: DEPORTIVO - ODENSE BK

O Dépor, brillante subcampión do Mundial sub-15 de Nantes (Francia)

Un equipo cadete do Deportivo participou no Mundial sub-15 La Saint Pierre de Nantes (Francia).

Hoxe sábado, o equipo deportivista xogou contra o Valencia CF a gran final do torneo.

O triunfo foi valencianista (0-2), a pesar do gran partido e espléndido torneo que completou o Dépor.

Os resultados do Dépor foron os seguintes:

Mércores 17 de abril
DEPORTIVO 0 - US THOUARE 0
DEPORTIVO 0 - LE HAVRE ATHLETIC 0

Xoves 18 de abril
FC REZÉ 0 - DEPORTIVO 4 (Hugo Baldomar -2-, Roque e Álex)
DEPORTIVO 1 (Hugo Baldomar) - US QUEVILLY ROUEN 0
DEPORTIVO 1 (Christian) - LA SAINT PIERRE 0

Venres 19 de abril
Cuartos de final
DEPORTIVO 1 (Hugo Baldomar) - EA GUINGAMP 1. A penaltis: 5-4
Semifinal
DEPORTIVO 1 (Christian) - FC NANTES 0

Sábado 20 de abril
Final
DEPORTIVO 0 - VALENCIA CF 2

Xuvenil B e Alevín A, apeados na Oviedo Cup 2019

O Xuvenil B e o Alevín A participaron na XIV edición da Oviedo Cup.

O Xuvenil B caeu eliminado en cuartos de final ao perder co Alavés pola mínima (0-1).

Os resultados do equipo deportivista foron os seguintes:

Xoves 18 de abril
ASTUR CF 0 - XUVENIL B 0
XUVENIL B 2 (Luque e Vladimir) - ED MORATALAZ 0

Venres 19 de abril
XUVENIL B 3 (Peke -2- e Gonçalo Oliveira) - SDCR LA CORREDORIA 1
RCD ESPANYOL 2 - XUVENIL B 1 (Peke)

Sábado 20 de abril
Cuartos de final
XUVENIL B 0 - ALAVÉS 1

Pola súa banda, o Alevín A non puido co Bansander (1-3) en oitavos de final e tamén quedou fóra da competición.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Xoves 18 de abril
ASTUR CF 0 - ALEVÍN A 1 (Marcos)

Venres 19 de abril
DEPORTIVO 4 (Murilo -2-, Bruno e Jairo) - RAYO CIUDAD ALCOBENDAS B 0
ALEVÍN A 5 (Murilo, Jorge, David, Samuel e Vergara) - ATLÉTICO LUGONES 0

Sábado 20 de abril
CD PARQUESOL 1 - ALEVÍN A 2 (Murilo e Pedro Bouzada)
Oviedo Cup Ouro
Oitavos de final
ALEVÍN A 1 (David) - BANSANDER 3

O Cadete A e o RC Celta ven as caras na final de consolación do Torneo Cesaraugusta

Como xa é habitual nos últimos anos, o Cadete A repite participación no Torneo Cesaraugusta, organizado polo club Stadium Casablanca, en Zaragoza.

Todos os partidos dispútanse no campo Gregorio Usabel.

Mañá domingo (10:00), toca derbi ante o RC Celta na final de consolación. Ambos os equipos, na Primeira Fase, foron segundos dos seus respectivos grupos.

O calendario de partidos do Cadete A, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 18 de abril
REAL ZARAGOZA 5 - CADETE A 0

Venres 19 de abril
CADETE A 4 (Mauro, Axel, Carracedo e Nacho) - CA OSASUNA 1

Domingo 21 de abril
Final de consolación
10:00: CADETE A - RC CELTA

O Dépor ABANCA B gaña o Trofeo Vila de Narón

O Deportivo ABANCA B, líder sólido practicamente desde o inicio da temporada na Primeira Autonómica feminina, impúxose (3-1) á Selección Absoluta de Ferrol no Trofeo Concello de Narón.

As branquiazuis Jessica, Antía e Andrea xogaron co combinado ferrolán; e até 8 futbolistas das categorías inferiores do Orzán SD aliñáronse esta tarde no campo de Sinde, no Val (Narón) co Dépor ABANCA B.

Lucía, Alba Suárez e Ana Carreras foron as autoras dos goles deportivistas.

Fase de Bronce para o Infantil A e Súper Grupo Ouro para o Alevín B na Ibercup de Cascais (Portugal)

O Infantil A e o Alevín B representaron ao Club na prestixiosa Ibercup de Cascais (Portugal).

Así, o Infantil A proclamouse campión da Fase Bronce, co que concluíu a súa participación.

Os seus resultados foron os seguintes:

Luns 15 de abril
CF OS BELENENSES 4 - INFANTIL A 2 (Noah e Mella)

Martes 16 de abril
INFANTIL A 2 (Martín -2-) - HAPOEL HERZLIYA 1
BLACKBURN ROVERS 1 - INFANTIL A 0

Mércores 17 de abril
INFANTIL A 0 - FC SETH ACADEMY 1
Fase de Bronce
INFANTIL A 2 (Domínguez e Mella) - HAPOEL HADERA FC 1

Xoves 18 de abril
INFANTIL A 5 (Carlos, Domínguez -2-, Martín e Marcote) - ASVSA AS VARENNES 0

Pola súa banda, o Alevín B, despois de asinar unha gran Primeira Fase con 4 triunfos, caeu eliminado no Súper Grupo Ouro ao perder co Vitória de Guimarães.

Os resultados do Alevín B neste torneo foron os seguintes:

Luns 15 de abril
ALEVÍN B 9 (Diego -3-, Rubén Trillo, Pablo, Eder, Leandro, Nico Ruiz e Íker) - FC DJURSHOLM 0

Martes 16 de abril
BOAVISTA FC D 0 - ALEVÍN B 3 (Iago, Diego e Leandro)
ALEVÍN B 9 (Anxo -3-, Rubén Trillo -2-, Janusz -2-, Leandro e Eder) - EF BENFICA OLIVAIS D 1

Mércores 17 de abril
AD OEIRAS 1 - ALEVÍN B 3 (Nico Ruiz, Pablo e Rubén Trillo)
Fase de Campións
ALEVÍN B 3 (Yago e Xabi -2-) - HAMMARBY FOTBOLL 3
ALEVÍN B 0 - VITÓRIA DE GUIMARÃES 3

O Benxamín B cae en cuartos de final do Mundialito Costa Daurada

O Benxamín B do Dépor clasificouse entre os mellores do Mundialito Costa Daurada en Tarragona.

O pasado xoves, o conxunto deportivista perdeu pola mínima (3-4) en cuartos de final da Fase Ouro ante o Levante UD; partido co que puxo o punto e final á súa participación.

Os resultados do Benxamín B foron os seguintes:

Primeira Fase
Luns 15 de abril
BENXAMÍN B 28 (Iago Lameiro -6-, José Quiroga -6-, Lucas Vázquez -4-, Pablo -4-, Raúl -3-, Iago Varela -2-, Rodrigo -2- e Hugo) - HALCONES WATSONVILLE FC 0
SANT PAU APÓSTOL 1 - BENXAMÍN B 7 (Rodrigo -3-, José Quiroga -2-, Nico e Pablo)

Martes 16 de abril
BENXAMÍN B 9 (Iago Lameiro -3-, José Quiroga -2-, Hugo -2-, Rodrigo e Pablo) - EFB UD SALOU 1

Mércores 17 de abril
LEVANTE UD 5 - BENXAMÍN B 2 (José Quiroga -2-)

Xoves 18 de abril
Fase Ouro
Cuartos de final
BENXAMÍN B 3 (José Quiroga, Iago Varela e Hugo) - LEVANTE UD 4