RCD / NOVAS

Teresa e Malena buscan mañá luns a medalla de ouro no Europeo sub-19

29/07/2018 21:50

As xogadoras do Deportivo ABANCA Malena Mieres e Teresa Abelleira defenden mañá luns 30 de xullo ante Alemaña (18:15 en Biel/Bienne, Suíza), o título de campioas de Europa sub-19.

Esta gran final poderase seguir en directo por Streaming en UEFA.com/UEFA.tv (YouTube)

Teresa foi a gran protagonista o pasado venres 27 de xullo da semifinal fronte a Dinamarca, no estadio de Biel/Bienne.

A centrocampista branquiazul anotou no minuto 68 de impresionante disparo o tanto da vitoria (1-0) que derrotaba a unha potencia mundial como Dinamarca e que levaba a España á súa quinta final consecutiva, unha marca no mundo do deporte.

A gardameta deportivista Malena, titular fronte a Francia no partido decisivo da Fase de Grupos, esta vez non saltou ao terreo de xogo.

Nesa Fase de Grupos, Teresa foi titular nos 3 choques e xogou completos os encontros ante Noruega e Suíza, nos que Malena agardou a súa quenda no banco.

O calendario do equipo español, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Fase de Grupos

Mércores 18 de xullo
ESPAÑA 0 - NORUEGA 2

Sábado 21 de xullo
SUÍZA 0 - ESPAÑA 2

Martes 24 de xullo
FRANCIA 1 - ESPAÑA 2

Venres 27 de xullo
Semifinal
ESPAÑA 1 - DINAMARCA 0

Luns 30 de xullo
Final
18:15: ESPAÑA - ALEMAÑA, en Biel/Bienne