RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Valerón: Estou moi ilusionado en que todo poida saír ben

Vídeo de Valerón en USP O futbolista do Deportivo, Juan Carlos Valerón, pronunciou esta tarde, á súa saída do Hospital USP Santa Teresa da Coruña, a palabra que todos os afeccionados branquiazuis querían oir, ilusión. "Estou moi ilusionado en que todo sal

Á beira do capitán do Deportivo estaba o traumatólogo do Club, Rafael Arriaza, quen indicou que é posible que o futbolista viaxe ata o seu domicilio de Las Palmas de Gran Canaria "nesta primeira fase da recuperación, que será de inmovilización ata que faga callo o ligamento". Ademais, Arriaza explicou que "fai 10 ou 15 anos o tempo dunha lesión de ligamento cruzado era dun ano, e adoitámonos a facelo moi rápido. Por iso agora imos volver un pouco ao pasado. En realidade estamos a movernos sobre esas datas. Pode ser un pouco antes ou un pouco despois". O traumatólogo coruñés engadiu que a súa volta aos terreos de xogo "depende da capacidade que teña el para asimilar un tecido doutra persoa. En realidade estamos a falar dun transplante".