Resultados dos 3 partidos disputados hoxe mércores en ANOSACANTEIRA, cun triunfo, un empate e unha derrota
Hoxe mércores 8 de maio tiveron cita 3 equipos de #ANOSACANTEIRA: San Tirso SD Cadete, Benxamín A e Alevín de fútbol 11.
Así, o San Tirso SD Cadete, instalado na zona media da División de Honra, caeu co potente CD Conxo Santiago (2-3) en partido correspondente á xornada disputada a pasada fin de semana.
En Abegondo, o Benxamín A venceu ao Victoria CF (2-6) en encontro da 8ª xornada na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 disputada a pasada fin de semana. Os branquiazuis quedan a un partido de amarrar o título desta segunda fase.
Finalmente nas Eiroas (Carballo), o Alevín empatou (1-1) co RC Celta na gran final do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, que levaron os célticos na lotaría dos penaltis.
Os branquiazuis foron campións do grupo norte con 10 partidos gañados e 1 empatado; mentres que os célticos venceron no grupo sur tamén con 10 vitorias e 1 empate.
Os resultados foron os seguintes:
Categoría cadete 30ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE 2 (Roi e Héctor García) - CD CONXO SANTIAGO 3 Clasificación da División de Honra: 6. Salgueiriños CF, 44 puntos; 7. Ural Español CF, CD Lugo e San Tirso SD Cadete, 40 puntos; 10. Rápido de Bouzas e ED Xuventude de Oroso, 39 puntos...
Categoría alevín Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, final: ALEVIN 1 (David Gómez) - RC CELTA 1. A penaltis: 4-5
Categoría benjamín 8ª xornada: VICTORIA CF 2 - BENXAMÍN A (Diego Castelo -2-, Leo Lorenzo -2-, Antón Fernández e Mateo Cardelle) Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Benxamín A, 22 puntos; 2. Victoria CF, 18 puntos; 3. Fabril FC Benxamín, 11 puntos...