RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

A selección española sub-17, coa deportivista Lucía Rivas, clasifícase para as semifinais do Europeo

-Foto:@rfef.es

 

Lucía Rivas (na foto na fila de arriba a terceira futbolista empezando pola esquerda) está concentrada en Suecia coa selección española sub-17 con motivo da Fase Final do Campionato de Europa.

O segundo partido do torneo para a canteirá branquiazul foi hoxe xoves ante Polonia, que na primeira xornada derrotou a Bélxica (1-0).

Un gol de Ainoa Gómez deu o triunfo a España (1-0), resultado significa o pase ás semifinais.

Lucía Rivas seguiu o partido desde o banco e nesta ocasión non chegou a saltar ao céspede.

O luns 6 en Malmö arrincou o Europeo para o combinado nacional con Portugal como primeiro rival.

Venceron as españolas (3-0) nun partido no que a futbolista do Deportivo ABANCA saltou ao céspede no minuto 82 en substitución de Ainoa Gómez.

Xa co pase ás semifinais do 15 de maio no peto, o terceiro e último partido para España nesta Primera Fase será este domingo 12 de maio ante Bélxica (15:30) tambien na localidade de Lund.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Luns 6 de maio
ESPAÑA 3 - PORTUGAL 0

Xoves 9 de maio
ESPAÑA 1 - POLONIA 0

Domingo 12 de maio
15:30: BÉLXICA - ESPAÑA, no Klostergardens IP en Lund

Lucia Rivas é un dos membros de #ANOSACANTEIRA que están no radar das categorías inferiores das diferentes seleccións nacionais como tamén Elena Vázquez, Antía Veiga, Claudia Sande, Kevin Sánchez, José Rey ou Pablo García con España; Dunia Dahmouni e Amin Moustapha con Marrocos; ou Álex Delgado e Michi Apóstol con Venezuela.