RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor asegura que o Dépor vai ao Calderón ''en procura da vitoria tan desexada por todos''

  Víctor Sánchez do Amo manifestó en rolda de prensa no Estadio de Riazor que o Deportivo afrontará o partido de mañana sábado no estadio Vicente Calderón ante a Atlético de Madrid (20.3

Asegura que o equipo "está confiado nas nosas posibilidades. Sabemos que imos enfrontarnos a un equipazo, que ademais de ter magníficos xogadores está nun momento de forma moi bo. Pero os retos e as dificultades motívannos. Imos coa máxima ilusión para obter un bo resultado".

Explica as ausencias na convocatoria de Lucas ou Juanfran, que hoxe se adestraron con normalidade: "aínda queda competición por detrás, e con xogadores que poidan ter algún tipo de molestia non nos gusta arriscar nada na saúde dos futbolistas. É máis interesante previr nunha situación de cansazo. É mellor no caso de Lucas e Juanfran que descansen e recuperalos para o seguinte partido".
 
 
Pola súa banda, Fede Cartabia, tamén en rolda de prensa, lembra que o Atlético de Madrid "é un dos equipos dos de arriba. É moi forte na súa cancha. A ver se podemos sacar algo positivo".
 
Engade o atacante deportivista sobre o conxunto colchoneiro que "é moi forte fisicamente. Empuxan moito coa súa xente na súa cancha. Tentaremos facer o noso xogo que traballamos toda a semana e esperemos que salga ben".
 
Destacado o pasado sábado ante o Málaga, autor ademais dun bonito gol, subliña que "oxalá me toque estar no once. Se non, pois a axudar desde o que me toque".
 
Recoñece Cartabia que este refacho "de tantos partidos sen gañar, o grupo tamén o nota. Estamos a facer todo o posible para poder sacar os resultados. Pero as circunstancias dos partidos que antes se nos daban a favor agora dánllenos en contra. Temos que aprender e tratar de mellorar para sacar o tres puntos e canto antes selar a permanencia. E estamos todos máis tranquilos".