RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Víctor explica a tempada e reitera que ''o obxectivo está cumprido''

Víctor Sánchez do Amo deu o seu versión do sucedido esta tempada nunha longa rolda de prensa hoxe en Abegondo.

"Estou súper orgulloso dos nosos xogadores, que a pesar de todo ese ambiente e esas dificultades, tiveron a capacidade competitiva para sacar isto adiante. Nunha situación na que parece mesmo que apetecía que chegásemos a final de tempada nos postos de descenso", afirmou o técnico deportivista.

Lembra que o equipo está "o quinto clasificado en número de derrotas" e cre que se han "ninguneado" os empates: "O que non perde suma, e para un equipo humilde como nós, sumar é moi importante, porque achégache pasito a pasito ao obxectivo".

Felicitou aos xogadores polo esforzo realizado "a pesar desa mala segunda volta. Que se somos capaces de gañarlle ao Real Madrid se cadra xa non falamos dunha segunda volta tan mala".

Subliña que "o que si é unha realidade é que o obxectivo está cumprido. Desde o ano 2010 o Deportivo non xogaba tres tempadas consecutivas en Primeira. Que desde ese ano 2010 non se alcanzaba unha puntuación como esta en Primeira. Que melloramos todos os números da tempada pasada. Iso parece que non se lle quere recoñecer aos xogadores".