RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Xuvenil A, Sporting e Celta xóganse o título da División de Honra este domingo 8 ás 12:00 horas

Tres equipos xóganse este domingo 8 de abril ás 12:00 horas o título no grupo 1º da División de Honra xuvenil, que ademais dá acceso a disputar a Copa de Campións: Sporting de Gijón, líder con 67 puntos; e Xuvenil A e Celta, segundo e terceiro con 65 puntos cada un.

Ademais está en xogo a segunda praza, que daría opción a disputar a Copa do Rei. O terceiro clasificado tamén podería acceder ao torneo do KO, pero deberá esperar a saber como conclúen os terceiros dos outros 6 grupos, pois só os 2 mellores acceden á devandita competición.

Na última xornada, o Sporting visita ao Pontevedra; o Xuvenil A recibe en Abegondo ao Val Miñor Nigrán e o Celta xoga en Santander ante o Bansander.

O cadro xixonés é campión se gaña ou empata o seu partido en Pontevedra, independentemente do que fagan deportivistas e célticos.

O Xuvenil A logrará o título se derrota ao Val Miñor Nigrán e o Sporting de Gijón perde o seu partido. Para manter a segunda praza precisa facer o mesmo resultado que o Celta no seu encontro ante o Bansander.

En caso de empate xixonés e de triunfo branquiazul e celeste, habería triplo empate a 68 puntos. Neste caso, segundo os enfrontamentos entre os tres, sería campión o Sporting, segundo o Celta e terceiro o Xuvenil A.

Para o partido na Cidade Deportiva branquiazul, os socios teñen libre acceso. Para o público, a entrada custa 3 euros.