Sporting Braga e Victoria FC examinan esta semana ao Deportivo ABANCA en Abegondo
O Deportivo ABANCA afronta a súa cuarta semana de pretemporada con dous interesantes partidos en Abegondo. O sábado 11, as branquiazuis reciben (16:00 horas) ao Sporting Braga, vixente subcampión de Portugal.
E o domingo 12, o Deportivo ABANCA xógase o pase á final da Copa Deputación da Coruña ante o Victoria FC de Santiago (20:00 horas).
Ambos os choques serán de entrada gratuíta para os afeccionados.
Só falta por incorporarse ao traballo Nuria Rábano, que participa este mes de agosto con España no Mundial sub-20 en Francia.
Manu Sánchez, técnico deportivista, planificou estes adestramentos:
Luns 13 de agosto 19:00: Adestramento en Abegondo
Martes 14 de agosto 19:00: Adestramento en Abegondo
Mércores 15 de agosto Descanso
Xoves 16 de agosto 19:00: Adestramento en Abegondo
Venres 17 de agosto 17:00: Adestramento en Abegondo
Sábado 18 de agosto 16:00: Deportivo ABANCA - Sporting Braga, en Abegondo (campo 1)
Domingo 19 de agosto 20:00 (semifinal da Copa Deputación): Deportivo ABANCA - Victoria FC en Abegondo (campo 1)