RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

A Atlético gana ao Dépor aproveitando dúas xogadas a balón parado

- Foto: LFP- O Dépor cayó derrotado por dous goles a cero na súa visita ao Estadio Vicente Calderón nun partido sen demasiada historia que deixa ao Deportivo na zona de descenso con dúas citas consecutivas en Liga en Riazor fundam

O Deportivo volveu apostar pola defensa de cinco para o encontro do Vicente Calderón, coa presenza de Diakité polo sancionado Lopo no centro da zaga. Esta proposta permitiu ao Deportivo controlar ben as acometidas do Atlético, a pesar de que os locais o tentaron con insistencia desde o comezo do partido coas primeiras chegadas polos costados por medio de Griezmann pola esquerda e Ardá Turán pola dereita.

Un córner pechado lanzado por Medunjanin no minuto 7 que se ía para dentro e que sacou ben Moyá foi unha das mellores aproximacións do Dépor. 

Un minuto despois chegou a ocasión de Mandzukic rematando de cabeza ao pau un par de metros por diante do punto de penalti. 
 
No 11 Fabricio sufriu unha falta previa a un remate de Koke que acabou no fondo da súa portaría. O Dépor tentou sacudirse ese dominio e foise arriba con dous centros de Luisinho e Cavaleiro que non atoparon rematador. As imprecisións arriba contrastaban co bo control defensivo que demostraba o equipo. 
 
No minuto 16 Juanfran tivo que abandonar o terreo de xogo con molestias nos isquiotibiais que serán avaliadas nas próximas horas polos servizos médicos do Dépor.
 
O equipo contivo ben a un Atlético que co paso dos minutos foi gañando metros para levar aos branquiazuis ao bordo da súa área. No minuto 43, a balón parado, os colchoneiros conseguiron desfacer a armazón defensiva do Dépor nunha falta lanzada desde a esquerda por Koke que Saúl rematou no segundo pau pondo por diante ao Atlético xusto antes de chegar ao descanso.
 
A segunda metade transcorreu polos mesmos camiños e tras varias chegadas dos locais e unha tímida aproximación do Dépor, o partido tinguiuse definitivamente de branquivermello co tanto de Ardá Turán. O turco rematou un balón rexeitado desde a frontal da área e coouse entre unha maraña de xogadores e desviado levemente pola zaga coruñesa, na portaría de Fabricio.
 
Víctor Fernández moveu ficha dando entrada a Cuenca por Medunjanin e a 13 minutos do final a Toché por Cavaleiro, pero o encontro non variou a súa dinámica, cun Dépor sen mordente pero que tampouco sufriu en exceso para controlar o potencial ofensivo dun Atlético que solucionou o partido en dúas accións a balón parado.
 
Atlético: Moyá, Ansaldi, Juanfran, Giménez, Tiago, Sául (Cristian Rodríguez, min. 66), Koke, Ardá Turán, Griezmann (Cerci, min.75), Mandzukic (Raúl Jiménez, min. 58)
 
Deportivo: Fabricio, Sidnei, Diakité, Juanfran (Laure, min. 16), Insua, Luisinho, Medunjanin (Conca, min. 63), Wilk, José Rodríguez, Postiga, Cavaleiro (Toché, min. 77)
 
Goles: 1-0 Saúl (min. 43); 2-0 Ardá Turán (min. 55)
 
Árbitro: J.A. Teixeira Vitienes. Amoestou a Juanfran (min. 13), Mandzukic (min. 33), Giménez (min. 39), Insua (min. 40)