RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

A deportivista Elena Vázquez arranca mañá domingo ante Bielorrusia a rolda definitiva de clasificación para o Europeo sub-17

- Foto: @SEFutbolFem -

A canteirá deportivista Elena Vázquez está concentrada coa selección española sub-17 para disputar a Rolda 2, xa definitiva, de clasificación para o Campionato de Europa. Esta fase xogarase en Serbia do 12 ao 18 de marzo.

Dinamarca, Serbia e Bielorrusia serán os rivais da selección española. O campión deste grupo accederá á Fase Final do Europeo, que se xogará en Estonia do 14 ao 26 de maio.

O combinado nacional pechou estes primeiros días de concentración en Las Rozas cun partido amigable ante o Madrid CFF B, no que participou Elena Vázquez e que acabou en goleada hispana: 7-0.

Onte venres, a selección española sub-17 viaxou á localidade serbia de Stara Pazova para encarar esta fase definitiva de clasificación, que comezará mañá domingo ás 11:00 ante Bielorrusia.

O calendario da selección española é o seguinte:

Domingo 12 de marzo
11:00: ESPAÑA - BIELORRUSIA

Mércores 15 de marzo
14:00: SERBIA - ESPAÑA

Sábado 18 de marzo
14:00: ESPAÑA - DINAMARCA

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, Elena Vázquez gañouse xa unha praza de titular no Dépor ABANCA B, líder da Primeira Nacional, e xa debutou nun amigable co Dépor ABANCA.