RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

A pesar da vitoria (2-0) a salvación do Dépor queda pendente da última xornada

  O Dépor se encontró de novo coa vitoria en Riazor ao imporse por 2 goles a 0 a un Levante que, pese ao resultado, consiguió a salvación matemática na Coruña. Unha salvación que para o Dépo

Con Riazor cheo ata a bandeira, o Dépor presentou o mesmo once que o do pasado sábado en Bilbao cun só cambio: Salomâo relevou a Juanfran no carril dereito. O Levante, pola súa banda, con menos abafos na clasificación, presentouse con tres ausencias importantes no seu once: Diop, Barral e Uche. 
Arrincou o Deportivo con forza, esmagando a un Levante contemporizador. Lucas non chegou por pouco a un balón longo ás costas dos centrais granotas. Mariño atallou con algún apuro.
 
O equipo deportivista sufriu o seu primeiro revés en forma de lesión. Manuel Pablo, con molestias musculares, viuse obrigado a pedir o cambio. Corría o minuto 9 de partido. Víctor retocou o equipo. Atrasou a Luisinho e situou a Juan Domínguez en banda esquerda, tal e como sucedeu por exemplo na recente visita a Málaga.
 
O partido foi nestes primeiros minutos de dominio deportivista, aínda que, iso si, sen crear demasiadas ocasións de gol. O Levante de Lucas Alcaraz optou por replegar liñas en defensa e esperar á contra.
 
Lopo, autor do gol en San Mamés o pasado fin de semana que mantiña ao Dépor en Primeira, adiantou aos branquiazuis no minuto 18, ao rematar co pé na área un saque dunha falta lanzada por Lucas Pérez e á que non chegou en primeira instancia Oriol.
 
O Levante, co marcador en contra, tentou adiantar liñas pero a defensa deportivista apenas pasou apuros. Ao descanso chegouse con triunfo xusto do Dépor, que puxo máis para irse por diante.
 
Lucas Alcaraz, técnico levantinista, moveu pezas no descanso para tentar equilibrar o marcador. Sissoko, que ademais tiña cartón amarelo, deixou o seu sitio ao Zhar.
 
No entanto, arrincou mellor o Deportivo, que nestes primeiros minutos acantoou ao Levante no seu propio campo e forzou dous saques de esquina case consecutivos. Aos poucos o partido foise equilibrando, aínda que Borges, de cabeza a saque de falta de Lucas, puido lograr o segundo no minuto 59.
 
Víctor Casadesús tentou desde moi lonxe unha vaselina sobre Fabricio. Reaccionou ben a meta deportivista e atallou na mesma raia de gol.
 
Lucas Alcaraz deu entrada no Levante a Camarasa por Ramis; e Juanfran relevan no Deportivo a Oriol. Lucas puido sentenciar nunha boa xogada persoal na que conduciu o balón ata a área pero o seu zapatazo marchouse desviado sobre a portaría de Mariño.
 
Foi xusto antes de que Juanfran puxese o 2-0 no marcador. Balón que controla na frontal da área, acomódalla para a zurda e anota cun gran disparo que tras pegar no pau coouse na portaría de Mariño. 
 
O segundo gol trouxo a tranquilidade a Riazor polo traballo feito polo equipo e a atención do estadio desviouse a outros campos onde os resultados, especialmente a vitoria do Granada en San Sebastián, non acompañaban.
 
Por iso Riazor contivo a euforia do triunfo e símplemente festexou a vitoria coa incerteza do que poida pasar dentro de seis días en Barcelona. Por terceira ocasión consecutiva, o Dépor xogarase a permanencia no último partido de Liga.
 
Deportivo: Fabricio, Laure, Lopo, Sidnei, Manuel Pablo (min. 9, Juan Domínguez), Álex, Borges, Salomâo, Luisinho, Lucas (Toché, min. 89) e Oriol (Juanfran, min. 65).
 
Levante: Mariño, Iván López (Martins, min. 73), Toño García, Vyntra, Morais, Juanfran, Ramis (min. 65, Camarasa), Víctor Casadesús, Sissoko (min. 46, O Zhar), Simâo e José Mari.
 
Árbitro: González González (C. Castelán Leonés). Amoestou a Sissoko (min. 16), Víctor Casadesús (min. 58) por parte do Levante; e a Oriol Rise (min. 31) e Luisinho (min. 42) e Lopo (min. 78) por parte do Deportivo.
 
Goles: 1-0: Lopo (min. 18); 2-0 Juanfran (min. 80)
 
Incidencias: partido da 37ª xornada da liga, disputada no Estadio Municipal de Riazor ante 30.251 espectadores.